Viaqua demostra a súa implicación o Día Mundial da Educación Ambiental
A concienciación ambiental é unha das principais preocupacións da empresa de servizos do ciclo integral da auga.
Alumnos durante unha visita ás instalacións de Viaqua.
Como todos os 26 de xaneiro, Viaqua mantén o seu compromiso co medioambiente no Día Mundial da Educación Ambiental. A empresa reafirma a súa vontade de coidar o medioambiente e garantir o uso sustentable dun ben tan prezado como é a auga. Desta forma, Viaqua aposta pola divulgación e a concienciación por medio do ensino. Así, ata 3.600 escolares galegos beneficiásense dos ensinos de Viaqua para respectar o medioambiente e facer un uso responsable da auga.
“Unha contribución á difusión da cultura da auga que implica tamén a centros educativos de ESO e Bacharelato/FP nas convocatorias anuais do CertameLiterario “Relatos de auga intelixente”, no que xa participaron máis de 1.500 estudantes ao longo das súas catro edicións” reza o comunicado emitido por Viaqua. Ademais, o programa ‘Aquología’ tamén está destinado a concienciar aos máis novos.
Do mesmo xeito, o compromiso de Viaqua coa concienciación relacionada coa problemática ambiental non termina nas escolas, senón que se estende a colectivos de adultos ou estudantes universitarios con visitas ás instalacións de depuración e potabilización para, segundo a empresa, “coñecer ce primeira man o ciclo integral e urbano da auga e buscando identificar as relacións de interacción que se dan entre a contorna media ambiental e a actividade do home”.
A celebración deste día mundial orixinouse en 1975, en Belgrado, durante o Seminario Internacional de Educación Ambiental onde se estableceron os principios fundamentais da educación ambiental no marco dos programas das Nacións Unidas.
Escribe o teu comentario