Activada a alerta laranxa no litoral da Coruña por temporal
Tamén se anunciou alerta amarela en certas zonas de Lugo e Ourense por neve
Fonte: AEMET
A dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alertou dun temporal de nivel laranxa que afectará o noroeste e oeste da provincia da Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas da tarde deste xoves espérase mar combinado do noroeste, con ondas de entre 5 e 6 metros. No resto do litoral, a partir desta tarde, espérase alerta amarela con mar combinado do noroeste.
Doutra banda, a Xunta lembrou á poboación a importancia de seguir determinadas medidas de protección, como evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112, que conta coa información meteorolóxica e con ligazóns de interese.
ALERTA AMARELA POR NEVE
A partir deste xoves, activarase tamén a alerta amarela por acumulación de neve nas provincias de Lugo e Ourense. Espérase a acumulación de cinco centímetros ao redor de 800 metros de altitude e superiores aos 15 centímetros a partir dos 1.000 metros.
Escribe o teu comentario