​CCOO e o PSdeG reclaman que este "quinto ano de crecemento" chegue ás familias

|

Ramon sarmiento gonzalo cabaleiro


O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e o líder de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento, criticaron o "fracaso" das políticas laborais postas en marcha polo Goberno de Feijóo e denunciaron un aumento do número de traballadores en situacións que "poden rozar o nivel da pobreza".


Ambos os dirixentes ofreceron este mércores unha rolda de prensa conxunta tras manter un encontro no que, segundo indicaron, coincidiron no "diagnóstico" da situación sociolaboral da Comunidade Autónoma.


Así, en primeiro lugar, Gonzalo Caballero asegurou que o "fracaso" das políticas laborais e de emprego da Xunta deixa unha Galicia "con menos emprego" que antes da chegada de Feijóo en 2009. "Hai poucas posibilidades de futuro para a cidadanía", manifestou.


Tamén advertiu de que "hai moitos traballadores" que a pesar de contar cun emprego "están nunha situación que pode rozar o nivel da pobreza". Por iso, considerou necesaria unha "cooperación intensa" entre os actores políticos e sindicais para "construír unha maioría social de progreso" que lle faga á Xunta "rectificar" as súas medidas.


Ademais, Caballero fixo un "balance negativo" da xestión industrial realizada polo Executivo autonómico. "Feijóo carece dun conselleiro que lle dea importancia ao sector industrial, á I+D+i; e suspende na cuestión laboral", censurou o dirixente socialista, que lle reclamou ao Goberno galego unha "nova política económica".


"PRAGA BIBLÍCA"


Pola súa banda, o sindicalista Ramón Sarmiento asegurou que o "empobrecemento" dos traballadores, a falta de efectividade da política industrial ou a "situación das urxencias hospitalarias" non "obedecen a unha praga bíblica" senón que "son resultado das políticas do Goberno da Xunta, que teñen un claro rumbo neoliberal".


"Imos enfrontar o quinto ano de crecemento e é anecdótico que este escenario non estea a vir acompañado da recuperación de cohesión social, dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta", censurou.


Ante iso, Sarmiento considerou "fundamental" que as forzas da esquerda e os sindicatos estean "amplamente comprometidos" en "poñer toda a carne no asador" para "cambiar unha tendencia" que, na súa opinión, responde "á entrega da administración pública aos intereses do gran capital".


relacionada ​Gonzalo Caballero: "Con Feijóo, o mellor escenario é tentar ser mileurista"
relacionada ​CCOO non descarta convocar folgas para lograr "bos acordos en cada convenio"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress