​A campaña na rede pola prisión permanente revisable, a máis existosa da historia

En catro días supera o millón de firmas, tras herdar 400.000 dunha petición iniciada en xullo.


|

Prision permanente changeImaxe da campaña de Change.org.


A petición rexistrada fai catro días na plataforma Change.org por Juan Carlos Quer, o pai de Diana Quer, para pedirlle ao Congreso dos Deputados que non aprobe a derrogación da prisión permanente revisable, alcanzou xa máis de 1.160.000 firmas.


Esta campaña está promovida xunto ás familias doutros menores vítimas de crimes, como os de Marta del Castillo, Mari Luz Cortés, Ruth e José ou Candela e Amaia.


Segundo indicaron a Europa Press desde Change.org, trátase da campaña que máis apoios recibiu en menos tempo. Tamén sinalaron que os momentos nos que se rexistraron máis firmas e entradas á web coinciden coas entrevistas en varios medios de comunicación o pasado venres 19 e este luns 22 xaneiro a Juan Carlos Quer.


Así mesmo, explicaron que Antonio del Castillo, pai de Marta, pediu a todas as persoas que apoiaron a campaña sobre a repetición do xuízo sobre a morte da súa filla, que conta xa con 1,7 millóns de adhesións, que tamén apoien a petición sobre a prisión permanente revisable.


Rocío Vieitez, a nai de Candela e Amaia, as nenas asasinadas por seu pai en Moaña, cedeu os 400.000 apoios recibidos ata o pasado xoves 18 de xaneiro á súa petición contra a derrogación da prisión permanente revisable, rexistrada na mesma plataforma en xullo. Este parricida é a primeira persoa en España á que se lle aplicou esta pena.


relacionada ​A petición a favor da prisión permanente revisable colle un novo impulso
relacionada Juan Carlos Quer mostra publicamente o seu apoio á prisión permanente revisable
relacionada O parricida de Moraña, condenado a prisión permanente revisable
relacionada A petición a favor da prisión permanente multiplica o apoio por 15 en menos dunha semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE