O Celta comeza a segunda volta con vitoria
(1-2). A Real Sociedad adiantouse no marcador, pero os celestes conseguiron remontar.
Os celestes conseguiron remontar. Foto: RC Celta
O Celta derrotou á Real Sociedad en Anoeta con goles de Iago Aspas e Maxi Gómez para selar a primeira vitoria da segunda volta e o seu segundo triunfo consecutivo. Os celestes encadean, ademais, catro partidos sen derrotas.
O Celta avisou no arranque cun remate desviado de Maxi Gómez, pero no minuto 10 torcéuselle o encontro, cun centro desde a dereita que rematou Willian José para adiantar á Real.
Iago Aspas empatou dez minutos despois tras un penalti sinalado por man de Juanmi. Nunha primeira metade igualada e con ocasións para ambos, o equipo local dispuxo dun lanzamento de penalti aos 25 minutos que Willian José estrelou na madeira.
A mellor ocasión para os vigueses sería para Sisto, quen non puido superar a Rulli nun man a man.
Tras o descanso, mesma paisaxe, moita igualdade, aínda que con menos chegadas. A falta dun cuarto de hora, en plena mellora celeste, Maxi Gómez cabeceou á rede un saque de esquina de Wass que selou a remontada.
Os celestes defenderon ata o final a súa vantaxe para regresar a casa cos tres puntos.
FICHA TÉCNICA
1-R Sociedad: Rulli; Odriozola, Llorente, Raúl Navas, Kevin Rodrigues, Xabi Prieto (Aguirretxe, min.81), Zubeldia, Illarramendi, Canales (Oyardabal, min.61), Willian José e Juanmi (Januzak, min.69).
2-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.67), Wass, Iago Aspas, Pione Sisto (Brais, min.79) e Maxi Gómez (Cabral min.89).
Goles: 1-0, min.10: Willian José; 1-1, min.20: Iago Aspas,de penalti; 1-2, min.75: Maxi Gómez.
Escribe o teu comentario