A nova cidade deportiva do Celta, máis preto de facerse realidade

O club vigués dispón, en réxime de aluguer, dun total de 150.000 metros cadrados destinados á futura cidade deportiva.


|


Celta

Fonte: RC Celta


A cidade deportiva do Celta está un pouco máis preto de facerse realidade, e é que este venres na sede social do equipo tivo lugar a firma do acordo entre a entidade presidida por Carlos Mouriño e a comunidade de Montes de Pereira (Mos). Agora, o club vigués dispón, en réxime de aluguer, dun total de 150.000 metros cadrados destinados á futura cidade deportiva.


Desta forma, hoxe foi "un gran día" para Carlos Mouriño, un venres no que se cumpren "once anos buscando alcanzar esa meta que conseguimos". Ve na firma do acordo algo "imparable", e que lles permitirá ter "deica pouco unha cidade deportiva tal e como viñamos pregoando, desexando e solicitando".


"O propósito final é que a final de ano ou a principios do próximo,xa poidan estar a adestrar nas novas instalacións os nosos equipos profesionais", afirmou.


O presidente da comunidade de Montes de Pereira, Carlos Sánchez, explicou que o acordo era "moi positivo tanto para a parroquia como para o concello de Mos", debido a que supoñerá importantes ingresos e unha gran publicidade para o nome de Mos.

relacionada Adrián: "O Madrid é o Madrid aínda que non estea no seu mellor momento"
relacionada ​A Liga leva ante a Federación a acusación de racismo contra Aspas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE