"As camas existen, pero non se dotan do persoal necesario para estar dispoñibles"

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS constata que a saturación segue nas Urxencias, con enfermos nos corredores durante horas.


|

CHUS Urxencias colapsosImaxe de arquivo das Urxencias do CHUS.

A saturación das Urxencias non remata de solucionarse no hospital de Santiago, onde este mesmo luns chegaron a acumularse ata 20 pacientes no corredor de acceso durante horas, tal e como denuncia a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.


A asociación constatou que ao longo da tarde se foron acumulando enfermos de distinta gravidade, mentres pacientes pendentes de ingreso se mantiñan nos espazos de atención.


"As camas existen, pero non se dotan do persoal necesario para que sexan un recurso sanitario dispoñible", explica a asociación. Por tanto, reclaman "habilitar máis espazos en Urxencias dotados de persoal e dispoñer de camas hospitalarias no momento en que son demandadas".


No seu comunicado, rexeitan que desde a Xunta se culpe aos pacientes de usar mal o servizo de Urxencias, porque "non somos nós os que valoramos o noso estado de saúde nin os que decidimos que debemos ser antendidos", senón os profesionais "sometidos a condicións e presións intolerables".


"Acudimos a urxencias hospitalarias porque noutros niveis de atención non hai recursos e medios equivalentes", argumentan, para criticar o "modelo hospitalocéntrico".


A asociación lamenta, ademais, a falta de canles para amparar as denuncias dos pacientes e para a participación, así como un ditame da Valedora favorable ao Sergas para o que "nin sequera realizou unha inspección física e persoal do que sucede no servizo".


relacionada "Xa o chamaremos", a fórmula para ocultar listas de espera da sanidade
relacionada Unha asociación sanitaria respóndelle a Feijóo: "Unha cama hospitalaria non é un moble"
relacionada ​O CHUAC, entre os hospitais españois máis saturados pola gripe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE