Galicia é a segunda comunidade autónoma en produción de carne bovina

Así o reflexan os últimos datos oficiais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente


|


Vacasrubias 1


Galicia consolidouse como unha das principais comunidades autónomas en produción de carne de bovino, ao colocarse no segundo posto en España, segundo o reflexan os últimos datos oficiais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, que a sitúan cun 14% do censo nacional.


As cifras, correspondentes a 2016, amosan que a comunidade galega só é superada por Castela e León, que acada o 22% da cifra total. En canto ó número de cabezas sacrificadas, Galicia ocupa o terceiro posto, con 400.280 animais, tras Cataluña, que ostenta a primeira posición, con 525.139, e Castela e León, que suma 427.991.


Por provincias destaca o caso de Lugo, que con 122.051 cabezas sacrificadas non só é o primeiro territorio no ranking galego, senón tamén o terceiro en España, só por detrás de Barcelona e Girona. Do resto de provincias galegas, o segundo posto correspóndelle a Pontevedra, con 115.607 animais sacrificados, seguida de A Coruña, con 109.134 e Ourense, con 53.488.


Realizando a contabilización tan só das tenreiras e o bovino novo (menos de 12 meses) sacrificado, Galicia mantén o segundo posto dentro de España, con 227.695 cabezas, frente aos 364.924 animais de Cataluña. Ambas comunidades autónomas representan, en conxunto, máis da metade do total nacional neste ámbito.

relacionada As vendas de tabaco descenden lentamente e só medra o consumo en pipa
relacionada O IPC subiu en Galicia unha décima máis que a media en todo o ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE