O IPC subiu en Galicia unha décima máis que a media en todo o ano pasado

|

Compra supermercado



O Índice de Prezos de Consumo (IPC) reduciuse unha décima (-0,1%) en decembro en Galicia en relación con novembro e baixou a súa taxa interanual seis décimas, ata o 1,2%.


Deste xeito, na comunidade galega, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE), os prezos acumularon un incremento de media do 1,2% o pasado ano.


Por subgrupos, as maiores cifras interanuais correspóndense cos prezos do transporte, cuxo IPC se atopa ao 2,4%; hoteis, cafés e restaurantes, ao 2,1%; e bebidas alcohólicas e tabaco, ao 1,8%.


No lado contrario, as taxas anuais máis baixas son as que rexistran o lecer e a cultura, cun IPC do -0,6%, e o enxoval, que está ao -0,1%.


No conxunto estatal, o IPC mantívose estable (0,0%) en decembro en comparación co mes anterior, pero diminuíu a súa taxa interanual seis décimas, ata o 1,1%, o seu nivel máis baixo do ano e unha décima menos do esperado.


Coñece os datos estatais en detalle na información de Pressdigital.


relacionada ​Galicia é a terceira comunidade onde máis subiu o prezo da vivenda en 2017
relacionada Soben as pensións e o salario mínimo, pero tamén os servizos básicos
relacionada Este ano acabará cos carburantes un 8,5% máis caros en Galicia que o pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress