Este ano acabará cos carburantes un 8,5% máis caros en Galicia que o pasado

Ana Pontón e Abel Losada cuestionan as medidas da Xunta ante o prezo dos combustibles, cando Galicia conta con unha refinería.


|

Combustibles gasolineira carburantesO gasóleo máis caro de España, á beira dunha refinería.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta a tomar medidas ante a subida do prezo dos carburantes na Comunidade, que ve "un novo atraco ao peto dos galegos".


A líder dos nacionalistas referiuse aos datos do IPC que indican que Galicia rexistra o maior incremento de prezos do Estado ao dispararse o custo dos combustibles.


"Os galegos temos os salarios máis baixos do Estado pero, con todo, pagamos a gasolina máis cara", criticou Ana Pontón, que se preguntou que fai Alberto Núñez Feijóo para acabar con este "novo atraco ao peto dos galegos".


Así, censurou que, a pesar de ter unha refinería, Galicia pague o gasóleo máis caro. "O que máis nos importa é saber o que fai o Goberno galego ante unha situación que é un auténtico abuso e que non se pode permitir", manifestou.


Ante unha situación coma esta, considerou que "o mínimo" sería "abrir unha investigación" para saber os motivos polos que se produce este encarecemento.


MÁIS COMPETENCIA


O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Anxo Bernardo Tahoces, defendeu que desde a Administración están a poñerse "todos os medios" ao seu alcance en medidas de fomento da competencia, como facilitar os trámites de apertura de estacións de servizo, para tentar "abaratar" os prezos dos combustibles en Galicia.


Así o sinalou en resposta a unha pregunta parlamentaria do deputado socialista Abel Losada, sobre as actuacións que está a realizar a Xunta neste sentido.


O parlamentario advertiu de que se pechará o ano cun combustible un 8,5 por cento máis caro, en paralelo a un empobrecemento relativo da poboación, desaxustes na distribución da riqueza xerada, e uns beneficios das petroleiras que ascenden a un 41% máis no caso de Repsol e a un 49% no caso de Cepsa.


NOVAS GASOLINEIRAS


Tahoces recoñeceu que se trata dun tema "complicadísimo" en materia de prezos, unha "realidade obxectiva" que é necesario administrar "na medida do posible". Así, simplificáronse os trámites para facilitar a apertura de novas estacións e estase realizando unha vixilancia do cumprimento das cotas de mercado, que de momento non resultaron "suficientes" para paliar o incremento.


A pesar diso, destacou que se autorizaron sete aperturas de gasolineiras o pasado ano e 17 no presente exercicio, con outras 11 á espera de que conclúa a tramitación.


Tamén solicitaron á CNMV que investigue o sucedido cos prezos do combustible en Galicia e que tome decisións no prazo máis breve posible".


relacionada Repsol líbrase dunha multa por pactar prezos con gasolineiras de Lugo
relacionada A CNMC multa con 20.000 euros a unha gasolineira de Viveiro e 4.600 a dúas de Guitiriz
relacionada Competencia e a Xunta atribúen os prezos dos carburantes á falta de gasolineiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE