A CNMC multa con 20.000 euros a unha gasolineira de Viveiro e 4.600 a dúas de Guitiriz

O organismo alega que as estacións de servizo non remitiron información en relación a prezos en períodos de 2014, 2015 e 2016


|

Gasolinasurtidor


A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) impuxo unha multa de 20.000 euros a unha gasolineira de Viveiro e outra de 4.600 euros a dúas estacións de enchido de Guitiriz (Lugo) por senllas infraccións graves por non achegar información.


Pola súa banda, a sanción a Playa de Área, S.L., na estrada de Xubia a San Cibrao, en Viveiro, débese a que "non remitiu prezos durante as 481 semanas comprendidas desde o inicio da súa obrigación (semana 45 de 2006) ata a semana inmediatamente anterior á data de comprobación dos datos (semana 3 de 2016)", segundo recolle o expediente.


Durante este período, esta gasolineira "en ningún momento declarou a súa adhesión aos prezos reportados polo operador". Ademais, tampouco remitiu as vendas correspondentes ao ano 2014, de aí os 20.000 euros de multa.


Mentres, a multa ás dúas estacións de servizo nas marxes esquerdo e dereito da A-6 en Guitiriz están motivadas porque a sociedade Cafestore S.A.O., xestor das gasolineiras, "omitiu a remisión da correcta indicación das coordenadas xeográficas" e tamén a da información semanal periódica sobre prezos de venda ao público.


Este último incumprimento, segundo concreta o expediente, responde a tres semanas de 2014, unha ducia de 2015 e ata oito semanas do ano 2016.


En total, a CNMC comunicou este venres multas por importe total de 88.000 euros a once xestores de estacións de servizo por incumprir a súa obrigación de informar o Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital de prezos semanais e cantidades anuais vendidas de produtos petrolíferos.

relacionada Competencia e a Xunta atribúen os prezos dos carburantes á falta de gasolineiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE