A estación de Manzaneda abre 16 pistas con case 13 quilómetros para esquiar

Entre as nevadas dos últimos días e a neve artificial, a estación ourensá arrinca a tempada.


|

Manzaneda esqui

Este venres xa houbo afluencia. Foto: Estaciónd de Manzaneda Facebook


As nevadas dos últimos días e a axuda da neve artificial permítenlle á estación de Manzaneda abrir as súas portas esta tempada de esquí.


Desde este venres están abertas 16 pistas, que supoñen case 13 quilómetros esquiables, tal e como anunciou a estación nas súas redes sociais. Os afeccionados que se acheguen atoparán de 10 a 25 centímetros de neve e os accesos abertos, aínda que recomendan levar cadeas ou pneumáticos de inverno por se as condicións empeoran.


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou este venres a estación de montaña de Cabeza de Manzaneda para comprobar o funcionamento do sistema de xerado artificial de neve, co que se persegue a desestacionalización do turismo.


Esta medida, segundo explicou a Xunta nun comunicado, fortalece o papel da estación de montaña "como un dos maiores recursos de Galicia en materia de turismo activo", xa que rexistra un total de 28.000 visitantes anuais.


En concreto, os primeiros xeradores de neve colocados permitirán incrementar a súa presenza nas pistas centrais e na zona de esquiadores debutantes para diminuír a dependencia das instalacións das precipitacións naturais.


A instalación destes xeradores foi unha medida aprobada pola administración da empresa titular da estación, Manzaneda Estación de Inverno SA (Meisa), na que a Xunta forma parte do accionariado.


O obxectivo de desestacionalizar a actividade é unha das medidas da 'Estratexia do turismo de Galicia 2020', un documento da administración económica que fixa as liñas de traballo cara ao Xacobeo 2021 e que busca consolidar a Comunidade galega como "destino atractivo, de calidade, responsable e comprometido".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE