Ratificada a condena de inhabilitación a un ex alcalde do Porriño por prevaricación

|

Raul frances porrinoXuízo contra Raúl Francés.


A Audiencia Provincial de Pontevedra ditou sentenza na que desestima o recurso de apelación presentado pola defensa de Raúl Francés, exalcalde do Porriño, e ratifica a condena de 8 anos e medio de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación administrativa.


Francés, que foi rexedor do Porriño polo BNG entre 2003 e 2010, e posteriormente concelleiro coa alcaldesa socialista, Eva García de la Torre, foi xulgado pola contratación (no seu período como rexedor) irregular de tres asesores técnicos.


O xulgado Penal número 2 de Pontevedra condenouno en setembro de 2016 a 8 anos e medio de inhabilitación por prevaricación administrativa continuada, e a súa defensa presentou recurso de apelación, argumentando que se produciu un erro na valoración da proba durante o xuízo, e que se infrinxiu o principio de legalidade e da xurisprudencia sobre o delito de prevaricación na sentenza condenatoria.


A Audiencia Provincial desestimou agora o recurso, ao entender que, da proba practicada, non pode deducirse que a apreciación do xuíz fose "errónea ou ilóxica, e moito menos arbitraria". Así, dá por válidos os feitos considerados probados e ve "evidente a concorrencia de dolo penal", nunha resolución firme, contra a que non cabe interpoñer recurso algún.


DO BNG A UN GOBERNO DO PSOE


Raúl Francés foi alcalde do Porriño co BNG, entre 2003 e 2010, cando Nelson Santos lle arrebatou' o bastón grazas a unha moción de censura apoiada polo PP e por dous grupos independentes. En 2012 deuse de baixa no BNG e presentou (xunto a outros dous edís nacionalistas) a súa dimisión e renuncia á acta de edil.


En 2015 volveu á escena política de forma sorprendente, como número dous (independente) na lista do PSOE, que encabezaba Eva García de la Torre. Unha vez que a socialista foi investida rexedora, Raúl Francés converteuse en concelleiro de Emprego e Facenda no Porriño. Poucos meses despois, tras coñecerse a apertura de xuízo oral contra el por prevaricación, presentou a súa dimisión e anunciou que abandonaba a política.


relacionada Absolto de prevaricación o alcalde da Pobra de Trives
relacionada Dimite o alcalde de Vilariño de Conso, inhabilitado por prevaricación
relacionada Condenado o alcalde de Palas por acoso laboral e prevaricación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress