Absolto de prevaricación o alcalde da Pobra de Trives

O rexedor levantou en 2014 un pleno extraordinario no que se debatía a súa recusación sen que se chegase a tratar ningún punto.


|

PobratrivesalcaldeFrancisco José Fernández Blanco, en 2011. Foto: Xunta.gal

Unha sentenza do Xulgado do Penal número 1 de Ourense determina a absolución do alcalde de A Pobra de Trives, Francisco José Fernández Blanco, de Agrupación Trivesa Independente (AVI), dun delito de prevaricación administrativa por levantar un pleno no ano 2014 sen que se chegase a debater ningún punto.


Os feitos remóntanse a xaneiro do ano 2014 cando o rexedor levantou un pleno extraordinario, que se convocou ao pedilo a maioría suficiente de concelleiras, tras unha alegación e sen que se chegase a debater ningún punto. Na sesión abordábase a súa recusación.


En concreto, os tres puntos da orde do día do pleno cinguíanse á resolución da recusación formulada pola que era secretaria municipal contra o rexedor; a abstención do alcalde na incoación de expedientes disciplinarios e suspensión provisional contra a secretaria; e a declaración de invalidez do decreto da alcaldía polo que se acorda a incoación do expediente disciplinario e medida cautelar de suspensión de funcións da secretaria.


Un ex concelleiro socialista exerce a acusación particular e foi o que denunciou o ocorrido. Practicadas as probas, o seu letrado modificou o escrito de conclusións provisionais para reducir a petición de pena de inhabilitación de oito a sete anos. Pola súa banda, o fiscal non formulou cuestións previas.


"NON QUEDA PROBADO"


A titular do Xulgado dita que "non quedou probado" que o alcalde tivese coñecemento de que a súa actuación, ao acordar levantar o pleno, "contraviñese a normativa vixente e fose constitutiva de infracción penal".


De feito, lembra que, para que exista prevaricación administrativa será necesaria unha resolución ditada por autoridade ou funcionario en asunto administrativo, que a resolución sexa obxectivamente contraria a dereito", que ocasione un resultado materialmente inxusto, e que sexa ditada coa finalidade de "facer efectiva a vontade particular da autoridade, co coñecemento de actuar "en contra do dereito".


Conclúe que non concorre o último dos requisitos, tendo en conta que "non consta ningún informe da secretaria accidental, nin do secretario-interventor, asesor da Deputación de Ourense, nin da empresa Lexdynamic no que se advirta ao alcalde de que o levantamento da sesión do pleno supoñería unha infracción penal.


relacionada Dimite o alcalde de Vilariño de Conso, inhabilitado por prevaricación
relacionada Condenado o alcalde de Palas por acoso laboral e prevaricación
relacionada O ex alcalde do Porriño dimite como edil tras a apertura de xuízo oral contra el
relacionada O alcalde de Camariñas, inhabilitado 4 anos por prevaricación, avanza que recorrerá o fallo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE