Mutua Gallega firma un convenio de colaboración con HM Hospitales en Santiago

Con este acordo, a mutua prestará atención nos hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza.


|

LarosaledapoliclinicoHospital HM Rosaleda.


Mutua Gallega e HM Hospitales asinaron un acordo de colaboración polo que as instalacións médicas que o Grupo sanitario posúe en Santiago serán a referencia para proporcionar servizos asistenciais á poboación usuaria en Compostela e a súa área de influencia, a cal ascende a unhas 35.000 persoas.


A firma deste acordo é o resultado do procedemento de licitación pública realizado pola mutua e do que foron adxudicatarios os hospitais HM Rosaleda e HM La Esperanza. Terá unha vixencia de dous anos, prorrogables por outros dous.


Javier Flórez Arias, director xerente, e Laura Roca San José, directora médica de Continxencias Profesionais de Mutua Gallega, desprazáronse ata o Hospital HM Rosaleda de Santiago para a rúbrica do convenio, co que "se garante e amplía a prestación de servizos asistenciais aos mutualistas desta zona xeográfica".


Para HM Hospitales, o acordo coa Mutua Gallega "supón dar un paso máis para proporcionar aos pacientes uns servizos asistenciais de máxima calidade" e para "mostrar" o seu "compromiso con Santiago de Compostela en particular e con Galicia en xeral".


A través deste concerto, os centros de HM Hospitales en Santiago "complementarán e reforzarán" os servizos de asistencia sanitaria que ofrece Mutua Gallega nas súas instalacións no polígono do Tambre, así como no seu centro asistencial de Boiro, que se enmarcan dentro das prestacións previstas na cobertura das mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.


Entre outros, os mutualistas contarán con urxencias hospitalarias as 24 horas, ingresos hospitalarios en distintas especialidades, consultas e intervencións cirúrxicas en Cirurxía Plástica, Neurocirurxía, Traumatoloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía Vascular, Medicina Interna, Anestesia e Cirurxía Xeral, así como outras especialidades.


relacionada Mellóranse as Urxencias do Hospital HM Rosaleda en Santiago
relacionada O hospital HM Rosaleda, de Santiago, abre unha unidade de cirurxía plástica e estética

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE