Mellóranse as Urxencias do Hospital HM Rosaleda en Santiago
O grupo HM Hospitales invertiu preto dun millón de euros na súa modernización
Este martes inaugurouse no hospital HM Rosaleda de Santiago un novo servizo de Urxencias no que o grupo de HM Hospitais, presidido por Juan Abarca, desembolsou preto dun millón de euros. O investimento está destinado a modernizar as instalacións e incorporar novas tecnoloxías.
Juan Abarca asegurou que durante os próximos meses continuarán as intervencións no centro hospitalario co fin de “mellorar a competitividade do sistema sanitario”. Segundo o doutor Abarca Cidón, este tipo de accións demostran a intención de HM Hospitais de “mellorar a calidade da sanidade privada galega”.
O grupo hospitalario defende a actual “mellor operatividade” tras a mellora na dotación de servizos e a implementación de “tecnoloxía de vangarda”, que á súa vez permitirá, segundo o presidente Juan Abarca, “ampliar a carteira de servizos” e ofrecer unhas prestacións de “maior calidade”. Tamén se pretende reducir os tempos de espera en Urxencias.
Escribe o teu comentario