O berro contundente de "Queremos saúde!" saca á rúa a centos de persoas

"O 25 por cento da sanidade pública está xa en mans privadas", alerta o manifesto da protesta.


|

Manisanidadesantiago


Varios centos de persoas manifestáronse na tarde deste sábado en Santiago de Compostela para protestar contra a xestión sanitaria da Xunta, os recortes e condenar a privatización da sanidade pública ao berro de "Queremos saúde!".


A marcha, que partiu da Estación de tren da capital galega, foi convocada por unha decena de colectivos de profesionais e pacientes defensores da sanidade pública e universal.


Ao longo da protesta, que transcorreu sen incidentes polas rúas de Compostela, escoitáronse consignas como "a sanidade é da xente e non dos dirixentes", "Feijóo escoita, a saúde está en loita" ou "O Meixeiro, querémolo enteiro".


A manifestación concluíu na Praza da Quintana, onde o músico Xurxo Souto foi o encargado de ler un manifesto no que criticou a "falta de reposición" das prazas de profesionais da saúde pública ou o "peche de camas" nos hospitais durante os meses de verán.


Ademais, Souto expresou o rexeitamento ao "abandono da atención primaria", así como "á división en cidadáns de primeira e segunda clase" e o consecuente discriminación dos habitantes dos núcleos do rural.


"Aínda que digan que non, están a privatizar a sanidade pública. O mantemento, os servizos de hostalería, as ambulancias... O 25 por cento da sanidade pública está xa en mans privadas", alertou o músico no comunicado.


relacionada "Sobran os motivos" para que a manifestación do sábado pola sanidade pública se faga escoitar
relacionada O Sergas insiste no seu relato e nega que exista peche de camas cada verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE