Carles Gil: "Todos esperabamos sumar máis puntos"
Sobre o Valencia, afirma que "eles se poden permitir non puntuar unha xornada e despois do sábado desexareilles o mellor".
Carles Gil, nun adestramento. Foto: RC Deportivo
"Esta primeira parte da tempada foi mala", valorou este mércores Carles Gil ante os medios de comunicación en Abegondo. E é que o xogador recoñece que "todos esperabamos sumar máis puntos".
Carles Gil quixo transmitir que os xogadores teñen "os mesmos sentimentos que a afección" e que "cando perdemos marchamos moi fodidos para casa". Con todo, envía a mensaxe de confianza en que "co que hai podemos sacalo adiante", sen necesidade de reforzos que, iso si, son benvidos.
O próximo choque do Dépor é contra o Valencia, un equipo especial para Carles Gil. "É o equipo da miña cidade, onde pasei moitos anos, e este ano está meu irmán", explicou. Con todo expresou que "eles se poden permitir non puntuar unha xornada e despois do sábado desexareilles o mellor".
Como receita para poder lograr os tres puntos que tanta falta fan, "mínimo temos que igualalos en intensidade e agresividade e a partir de aí podemos competir".
De fronte ao encontro, Lucas Pérez volveu a adestrar con normalidade xunto ao resto de compañeiros, tras ser baixa por unha dorsalxia contra o Vilarreal. Doutra banda, Adrián López retirouse do adestramento, en principio por precaución, con molestias na zona inguinal esquerda.
Escribe o teu comentario