​Unzué, optimista: "Por que non lle imos gañar ao Barça?"

O técnico dol Celta sae convencido de que terán opcións nun partido que cualifica de transcendental.


|

Unzue


O empate da ida mantén vivo o soño do Celta de avanzar na Copa do Rei, coma as últimas dúas tempadas. Con todo, Unzué asume que o rival que teñen en fronte, o Barça, é "favorito".


"O resultado que ten sérvelle e xoga na casa", razoou o técnico celeste este mércores. En cambio, mostrouse optimista das súas posibilidades. "Se lles empatamos dúas veces, por que non empatar unha terceira e por que non gañarlles? Hai que facer un partido de dez, case perfecto, e que non teñan un bo día para ter opcións e creo que as imos ter", proclamou.


Con respecto ás ausencias en Balaídos expresou que coñece "ben" a Valverde. "É moi listo e o que fai sempre ten un porqué. O que fixo, fíxoo sabendo que había un segundo partido en Barcelona", explicou.


O técnico do Celta cualifica este próximo encontro como transcendente, porque significa "pasar ou quedar fóra", pero tamén o do Levante na Liga, pois poderá marcar as aspiracións do equipo.


Entre os dous encontros terán menos de 72 horas de descanso, por iso a súa idea é a de que os mínimos xogadores acumulen os 180 minutos de xogo. Ademais, todos os efectivos dispoñibles van na convocatoria e non teñen previsto regresar a Vigo ata despois do choque contra o Levante.



relacionada A lista de desexados do Celta inclúe a Sandro, Correa e Rafinha
relacionada ​O Celta fai oficial a cesión de Guidetti ao Alavés
relacionada O Celta e un Barça cheo de suplentes deixan a eliminatoria para o Camp Nou

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE