Filipe VI pídelles aos militares manter o compromiso coa convivencia e a defensa nacional
O Rei sostén que a defensa nacional é "tarefa de todos" co achegamento da sociedade civil e os militares
O Rei pronunciou o discruso na Pascua Militar. Foto: Casa Real
O rei Filipe VI destacou este sábado o esforzo das Forzas Armadas pola súa modernización e animou ao mundo militar a continuar achegándose á sociedade civil porque "a seguridade e a defensa nacional son unha tarefa de todos".
Filipe VI pronunciou este discurso no salón do trono do Palacio Real durante a celebración da Pascua Militar, a primeira á que asistiron os reis eméritos Don Juan Carlos e Dona Sofía desde a abdicación en xuño de 2014.
Todo iso nun ano no que se cumprirá o 40 aniversario da Constitución, que o rei definiu como "o gran pacto de convivencia" e trasladou o seu agradecemento aos militares pola súa "constante dedicación e entrega" a España.
COMPROMISO COA PAZ E LIBERDADE
Ao seu xuízo, o "compromiso firme e sólido de España coa paz e a liberdade" plásmase hoxe en día nas misións internacionais nas que participa contra a ameaza do terrorismo.
Escribe o teu comentario