Fontes adaptadas para cans, unha das innovacións dos veciños da Coruña
O Concello instala ata 16 unidades que contan cun bebedoiro inferior para mascotas.
Nace dos orzamentos participativos. Foto: Concello da Coruña
O Concello da Coruña instalará 16 fontes con bebedores adaptados para cans, unha das propostas gañadoras do proceso de orzamentos participativos, segundo informa a Concellería de Participación.
En total, situaranse 16 unidades, situadas no paseo marítimo, parque de Bens, parque de Santa Margarita e contorna da Torre de Hércules, espazo que, na presentación desta iniciativa, visitou este venres a edil de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.
En cada unha destas fontes, o goberno local investiu 2.100 euros. Poden ser usadas polas persoas en xeral e tamén aquelas que con diversidade funcional, ademais de dispoñer dun bebedoiro inferior para as mascotas.
Escribe o teu comentario