Destínanse 284.000 euros a centros socioculturais da capital
Ata 144.000 euros invertiranse no centro do Ensanche
Martiño Noriega e Goretti Sanmartín na firma do convenio de colaboración.
A Deputación da Coruña destinará un total de 284.000 euros para o financiamento das actividades dos centros socioculturais de Santiago de Compostela, e dos cales unha notable cantidade beneficiará ao centro do Ensanche.
Dese orzamento, 144.000 euros teñen como obxectivo o centro do Ensanche, como se recolle no convenio de colaboración que este martes asinaron a vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
O convenio contempla un "considerable incremento" no orzamento destinado ao centro do Ensanche, que pasa dos 125.000 euros do pasado ano aos 144.000 que se invisten en persoal, mantemento e subministracións, segundo destaca o organismo provincial nun comunicado. O centro atende anualmente ao redor de 40.000 persoas e tamén se desenvolven cursos formativos e outras actividades da propia Deputación.
Para os centros do ámbito rural o orzamento achegado pola Deputación da Coruña ascende a 140.000 euros, que se empregarán en programas de animación e dinamización dixital, formación e actividades.
Escribe o teu comentario