Diversas asociacións piden "transparencia" na xestión do Dolmen de Dombate

|

Dolmen Dombate


Tres asociacións, concretamente a Asociación Autonómica Petón do Lobo, a Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns e a Asociación Ambiental Cova Crea, demandan que o organismo provincial aclare "detalladamente" en que se están a investindo "as cuantiosas partidas que cada ano recibe o Concello de Cabana de Bergantiños".


As súas demandas están relacionadas coa masificación de actividades que se están desenvolvendo na contorna do Centro Árqueológico que contén o Dolmen de Dombate e que, segundo a plataforma, "en absoluto gardan relación con contexto prehistórico do monumento.". Doutra banda, sinalan, a entidade que máis parece beneficiarse das instalacións do centro xunto co propio Concello é a Fundación Eduardo Pondal, sen que ningunha outra parroquia ou asociación de Cabana, excepto a de Borneiro (lugar onde se sitúa o Dolmen), cheguen a beneficiarse dalgún modo da xestión realizada a nivel municipal.


Nun comunicado, as asociacións denuncian que José María Varela, actual xerente da Fundación Eduardo Pondal e asesor de cultura no Concello de Cabana, está a recibir para a súa entidade "recibir xenerosos fondos procedentes do ente provincial sen que exista exercicio de transparencia en canto das mesmas, debido a que se descoñece o destino concreto do diñeiro e non se visibiliza nen materialízase de maneira pormenorizada a finalidade dos fondos". Ademais, as tres asociacións lamenta que moitos das actividades da Fundación "parecen actos políticos da Xunta" e esixen saber se desde a Deputación Provincial están "a subvencionar estes eventos de tinguidura política ou outro tipo de accións semellantes


Por estes motivos, as tres asociacións anteriormente citadas piden información sobre o convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños en relación ao Dolmen de Dombate e o seu centro arqueolóxico, os gastos en publicidade e acceso aos xustificantes de gasto dos últimos anos e ás subvencións e axudas das que beneficia o centro arqueolóxico. Con isto, tamén solicitan que a xestión de visitantes ao Dolmen de Dombate "estea centrada única e exclusivamente na posta en valor do monumento e a cultura megalítica e que se facilite o uso e acceso do Centro Arqueolóxico ás demais asociacións da comarca e en especial do municipio de Cabana de Bergantiños".


relacionada Pode o Dolmen de Dombate sufrir 'masificación' de visitas coma as Catedrais?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress