Pode o Dolmen de Dombate sufrir 'masificación' de visitas coma as Catedrais?

A plataforma Salvemos Cabana teme que o monumento neolítico vexa perigar a súa conservación pola afluencia.


|

Dolmendombate 3

Instalación do complexo megalítico.


A liña entre a conservación do patrimonio e a súa difusión turística adoita provocar discrepancias entre distintos actores sociais. Ocorreu coa Praia das Catedrais, en Ribadeo, que tivo que limitar o número de visitantes nas tempadas altas turísticas.


A plataforma Salvemos Cabana alerta de que algo similar pode ocorrer co Dólmen de Dombate, monumento megalítico situado no concello de Cabana de Bergantiños.


E é que destacan que "só neste pasado mes de agosto se superaron as 12.000 visitas, o que volve poñer en risco a conservación das pinturas da época neolítica que atesoura o monumento".


Critican, por tanto, que a instalación sexa "comercializada" por concello e Deputación como "un mero reclamo turístico nunha contorna carente de infraestruturas para esta finalidade".


Ademais, contrapoñen a "conservación preventiva" que establece o convenio entre consistorio e ente provincial co ánimo de atraer "o maior número de xente posible" ao monumento.


Neste sentido, cargan contra a carreira deste sábado, "na que centos de persoas colapsan a parroquia de Borneiro descontextualizando totalmente o carácter arqueolóxico".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE