Guerra entre Caballero e o alcalde de Ponte Caldelas polo transvasamento

O alcalde da cidade olívica solicitou a dimisión do seu homologo Andrés Díaz, que tachou a proposta de "ridicula".


|

Alcaldedevigoabelcaballero 1


O culebrón do transvasamento do río Verdugo ten outro capítulo despois do desafío de Abel Caballero a Andrés Díaz. O alcalde de Vigo volveu a criticar a oposición do rexedor socialista de Ponte Caldelas, á obra do transvasamento de emerxencia no río Verdugo e esixiulle "que rectifique inmediatamente o seu posición", ou ben "que dimita como secretario de organización do PSdeG na provincia de Pontevedra". Ante isto, Díaz dixo que a proposta é "ridícula" debido a que nada ten que ver ese cargo orgánico co rexeitamento ao transvasamento e pediulle "reflexión e prudencia".


O rexedor olívico ha censurado a participación de Andrés Díaz na manifestación do pasado 23 de decembro en contra desa obra hidráulica e lembroulle que, como alcalde, debería coñecer que moitos dos seus conveciños traballan en Vigo e, por tanto, benefícianse da auga da traída na cidade olívica. Por outra banda, criticou duramente que, sendo secretario de organización dun partido, participe nun acto "contra o dereito de 450.000 persoas a ter auga". "Ou cambia de posición, ou que dimita como secretario de organización. Non se pode atacar impunemente a Vigo, nin desde o PP, nin desde o BNG nin desde a secretaría de organización do PSdeG na provincia", sentenciou.


A ese respecto, Caballero lembrou que el antepon os intereses da cidade aos do seu partido, e incidiu en que a participación de Andrés Díaz na marcha contra o transvasamento "foi un inmenso erro". "Os bens naturais non son de ninguén e, ademais, que informe teñen que diga que (o transvasamento) causa danos ambientais?", apostilou.


Como resposta, Andrés Díaz sinalou que pedir a súa dimisión como secretario de organización é "tan absurdo" como que el pida a dimisión de Caballero como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Con todo, matizou, resulta "contraditorio" que un alcalde e presidente da FEMP "defenda unhas obras pasando literalmente por encima da opinión e das competencias doutros dous concellos".


O alcalde de Ponte Caldelas reiterou que esa obra hidráulica non se pode tramitar pola vía de emerxencia, sen estudo de impacto ambiental, e advertiu a Caballero que, se para el "o primeiro é Vigo", tamén ocorre o mesmo con Ponte Caldelas, que para Díaz "é o primeiro". "Desgraciadamente para Abel, Vigo e Ponte Caldelas valemos o mesmo nos despachos e nos xulgados, porque somos entidades da administración local coa mesma personalidade xurídica", engadiu.


Así as cousas, o rexedor caldelán, lonxe de modificar a súa posición, confirmou que seguirá participando nas mobilizacións contra o transvasamento, e constatou que, a pesar de ser unha obra de emerxencia, Augas de Galicia "xa pisou o freo neste asunto" e "nada máis se soubo" de levar o asunto ao Conselloda Xunta, "polo que o alcalde de Vigo debería ir pensando noutras opcións". Finalmente, o alcalde de Ponte Caldelas insistiu en que o problema de abastecemento que sofre a área de Vigo en situacións de seca debe "abordarse con seriedade", e advertiu de que non tolerará que se seque o río Verdugo, "emblema e aceno de identidade" do seu municipio.

relacionada ​Medio milleiro de persoas protestan en Soutomaior contra o transvasamento do Verdugo
relacionada ​Caballero, a Ponte Caldelas: "Non conte comigo para nada"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE