​Caballero, a Ponte Caldelas: "Non conte comigo para nada"

O rexedor vigués critica o rexeitamento do alcalde caldelés ao transvasamento e defende que a obra é "medioambientalmente perfecta".


|

Abelcaballerovigo


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este venres duramente ao rexedor de Ponte Caldelas, o tamén socialista Andrés Díaz, pola súa posición de rexeitamento ao transvasamento no río Verdugo para mellorar o abastecemento de auga a Vigo e varios municipios da contorna, e tachou de "lamentable" que promova mobilizacións contra un proxecto que é "inocuo" medioambientalmente.


Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico expresou o seu "total rexeitamento" á actuación de Díaz, á vez que lembrou que esa actuación consiste en "enterrar unha tubaxe", o que ten "efecto cero" sobre a contorna, e que, ademais de non causar prexuízos ambientais, ten "vocación de ser provisional".


"Como siga por esa liña, que non conte comigo para nada, porque el sabe que a obra que se vai a facer é medioambientalmente perfecta", proclamou, e lamentou que a actitude do alcalde de Ponte Caldelas evidencia que "non entende o que é un territorio e un espazo".


Caballero lembrou que, inicialmente, lle deu a razón a Andrés Díaz cando este denunciou a falta de información do proxecto por parte da Xunta. Pero "agora que xa se lle explicou, e sabe que é inocua", o que fai é "política de causar dano".


OBRA "LEGAL"


"A auga é un ben común, e necesítaa toda unha área de 10 concellos, que dan emprego a unha parte importante desa xente que se manifesta. Moita xente de Ponte Caldelas traballa en Vigo e consome auga en Vigo", apostilou.


O alcalde olívico subliñou, ademais, que "a obra é legal" e conta co aval dos técnicos da Xunta e o apoio político e financeiro do Concello (que sufragará a maior parte do custo).


Así mesmo, con relación a Andrés Díaz, puntualizou: "Se alguén cre que non vou levantar a voz porque é membro do PSOE, equivócase. Para min o primeiro é a cidade, e agora non só defendo a Vigo, senón a Nigrán, Gondomar, Salceda, Mos, Redondela, O Porriño, Moaña, Cangas e Soutomaior".


O PP ACUSA DE "DESVÍO DE FONDOS"


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, proclamou este venres que "nin todo a auga que caeu esta semana pode tapar a neglixencia" do alcalde de Vigo "na xestión da crise" derivada da seca. De feito, acusouno de "xogar coa saúde dos veciños" e preguntou se houbo "desvío de fondos" dos 180 millóns que non se investiron en mellorar o sistema.


En rolda de prensa, Tellado afirmou que aos populares os "entristece" ver "as pelexas" entre os concellos de Vigo e Ponte Caldelas, ambos os dirixidos polo PSOE, e tamén que dirixentes "manteñan de forma insistente a estratexia de confrontación da Xunta", en alusión ao rexedor da cidade olívica.


relacionada ​O PP pregunta "a que se destinou" o diñeiro da potabilizadora
relacionada ​Caballero acusa a Feijóo de presentar análises falsas da auga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE