Elévanse a tres os falecidos por gripe desde que empezou a tempada de risco

O Sergas espera que a maior incidencia da epidemia se dea nas primeiras semanas de xaneiro.


|

Vacúa gripeOs tres pertencían a grupos de risco.


O número de mortes por gripe en Galicia elevouse a tres despois de que dúas persoas falecesen na última semana por este virus. As tres persoas tiñan indicada a vacina contra a gripe, pero dúas delas non a puxeran.


Segundo recolle o sexto informe da gripe publicado este venres polo Sergas e correspondente á semana que finalizou o 17 de decembro, no que vai de campaña da gripe (que comezou na semana do 2 ao 8 de outubro), declaráronse 111 ingresos con virus da gripe confirmado, dos cales 45 permanecían ingresados na última semana.


Ademais, dos 111 ingresos, o 85 por cento do total (unhas 95 persoas) tiña indicada a vacina antigripal e, deles, o 68 por cento (unhas 65 persoas) non a tiña posta cando tivo que ser hospitalizado.


En canto á evolución da epidemia, o número de chamadas ao 061 descendeu respecto da semana anterior, feito que o Sergas atribúe a que as chamadas por gripe "ascenden nas semanas nas que hai festivos".


O informe sinala, ademais, que, segundo o sistema de vixilancia, a evolución da onda "lembra á tempada pasada". De repetirse o mesmo avance, a incidencia da gripe cuadriplicarase nas primeiras dúas semanas de xaneiro, momento no que comezará a remitir a epidemia, aínda que máis lentamente que o seu aumento.


relacionada Aumentan os pacientes hospitalizados con gripe sen chegar ao nivel de epidemia
relacionada Aumentan a 25 os ingresos de pacientes con virus da gripe en Galicia
relacionada Máis de 150.000 persoas das áreas de Vigo, A Coruña e Santiago vacináronse contra a gripe

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE