Tradicional Concerto de Nadal da man da Orquestra Sinfónica de Galicia e Gas Natural Fenosa
O Concerto de Nadal no Palacio da Ópera da Coruña converteuse nun clásico encontro de personalidades do ámbito económico, cultural, social e político de Galicia nestas datas do Nadal.
Isidro Fainé e Alberto Núñez Feijóo
O tradicional Concerto de Nadal a cargo da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) celebrouse este sábado 16 de decembro no Palacio da Ópera da Coruña.
O evento, que celebra este ano o seu XXII edición, contou coa presenza do presidente de Gas Natural Fenosa, Isidro Fainé, e o conselleiro delegado da compañía enerxética, Rafael Villaseca.
Gas Natural Fenosa, patrocinadora deste acto, colabora con a OSG co obxecto de difundir a música mediante o desenvolvemento de múltiples actividades (concertos, promoción de compositores galegos, ensino musical...).
Esta colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia responde á filosofía de apoio da empresa ás iniciativas culturais e ambientais nas zonas onde desenvolve a súa actividade empresarial.
O Concerto de Nadal no Palacio da Ópera da Coruña converteuse nun clásico encontro de personalidades do ámbito económico, cultural, social e político de Galicia nestas datas do Nadal.
A Orquestra Sinfónica de Galicia despide 2017 cun programa musical que repasa as grandes obras sinfónicas dos compositores Jean Sibelius, Franz Schubert e Piotr Ilyich Tchaicovsky.
Da man do mestre Dima Slobodeniouk, a selección musical empeza co poema sinfónico do finlandés Sibelius, A filla de Pohjola, composta e estreada en 1909, e inspirada, como moitas das súas obras, no Kalevala: nome mítico de Finlandia que significa “país dos heroes”.
A primeira parte do concerto ofrecerá tamén una das obras mestras de Franz Schubert, a Sinfonía nº5 en se bemol maior, D. 485, composta en 1816 e estreada trece anos despois da morte do compositor. Esta obra de mocidade, unha das máis mozartianas de Schubert, presenta abundancia melódica e transmite sinxeleza e expresividade.
O concerto finaliza co xenio compositor de Piotr Ilyich Tchaicovsky e o seu Sinfonía n.º 4 en fa menor, op. 36, escrita entre 1877 e 1878, e dedicada ao seu mecenas, Nadezhda von Meck. Estruturada no tradicionais catro movementos, tchaicovsky retoma aquí un dos grandes temas da súa obra sinfónica, o Destino ou fatum.
Escribe o teu comentario