Unha familia pode perder a vivenda por unha débeda de 1.800 euros

|

StopDesahuciosGalicia


STOP Desafiuzamentos A Coruña’ expuxo o caso dunha familia Coruñesa para promover unha concentración ‘Loita contra ABANCA’ que se celebrará o próximo día 15 de decembro ás 12:00 horas en fronte do Obelisco.


A plataforma promove esta quedada saíndo en defensa da familia de Magdalena e Pablo, que se atopa no medio dun litixio por unha execución hipotecaria por mor dun atraso en pagos de só 1.800 euros dun préstamo para vivenda habitual a máis de 30 anos. Esta situación deuse cando os implicados atopábanse en Perú buscando traballo e desde a plataforma denuncian á entidade bancaria por tentar “quedar rapidamente a súa única vivenda, o que lles obriga a forzar o seu regreso e iniciar unha moi desigual loita”.


Desde ‘STOP Desafiuzamentos A Coruña’ informaron de que os afectados solicitaron no seu día información á entidade bancaria promotora da execución, aínda que non lla quixeron facilitar alegando que “legalmente non están obrigados”. Á súa vez, a familia recorreu ao defensor do consumidor bancario que lles informou que, segundo a entidade bancaria en cuestión, “o préstamo non fora titulizado”.


Despois dunha exhaustiva procura, os afectados descubriron que a titulación se atopaba integrada nunha escritura do ano 2011 pertencente a outro banco. Por mor disto, desde a familia afectada decidiron demandar á entidade bancaria que en xullo deste ano. Por isto, a entidade viuse forzada a acreditar que a hipoteca foi vendida e que non eran os acredores legais da hipoteca e que, por tanto, carecen de lexitimación para promover a execución hipotecaria.

relacionada Amnistía Internacional: "A crise do dereito á vivenda non rematou"
relacionada Protestas en pasos de peóns de Vigo contra o repunte dos desafiuzamentos en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress