​O musical sobre os Irmandiños de Quique Peón pecha a súa xira

Tras dous anos de percorrido por Galicia, máis de 10.000 persoas viron o espectáculo 'O pder do arcabuz'.


|

Irmandinhos quique peonImaxe de 'Ou poder do Arcabuz'. Foto: Quique Peón Cía Facebook


O musical sobre os Irmandiños, O poder do Arcabuz, da compañía de Quique Peón e coa participación de Xacarandaina, pecha esta fin de semana na Coruña a xira que iniciou hai dous anos por Galicia. Farao con senllas representacións os días 16 e 17 de decembro no Teatro Colón e tras ser visto por máis de 10.000 persoas.


Trátase dun espectáculo que conta coa participación dun cento de artistas en escena: 35 bailaríns, 20 músicos e 40 persoas en coro.


Nel, recréase a historia da Revolución Irmandiña, a revolta protagonizada en Galicia no século XV contra os nobres e que permitiu durante dous anos o goberno "cun poder asembleario", segundo sinalou na presentación do espectáculo o seu director, Quique Peón.


MÚSICA E DANZA


Deste musical, dixo que busca poñer en valor "as nosas músicas e as nosas danzas". Sobre os Irmandiños, subliñou tamén que se trata dun feito "apaixonante" da historia de Galicia. Por outra banda, lembrou que a súa intención coas obras que leva a escena é presentar feitos vinculados "coas lendas e a historia" desta autonomía.


Neste caso, destacou a dificultade do traballo no que se investiu un ano para a súa creación antes da súa presentación co nome de O poder do Arcabuz, facendo referencia á arma utilizada polos nobres para derrotar aos Irmandiños e que supuxo a primeira que usaba a pólvora.


Xunto coa música, a danza e o baile tradicional galego son o elemento principal dun espectáculo que culmina a súa xira, aínda que Quique Peón avanzou que xa traballa noutra obra. "Estamos a mirar cousas", dixo sobre o próximo proxecto da compañía.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE