Lucas Pérez: "Se empezamos a pensar xa nos de abaixo, mal imos"
O dianteiro do Dépor cre que "os detalles" están a pasar factura ao equipo aínda que fan "moitas cousas ben".
Lucas Pérez, no partido de Copa. Foto: RC Deportivo
"Facemos moitas cousas ben, pero o fútbol é de detalles e eses detalles están a minguarnos". É parte da análise que Lucas Pérez fai da situación complicada na que se ve o Dépor.
En cambio, ve o próximo rival, o Leganés como un equipo que "compite moi ben, saben ao que xogan e estanlles saíndo as cousas". Aínda así, espera "darlle unha alegría" á afección esta fin de semana, pois ve "normal" que estea "decepcionada".
Se embargo o dianteiro coruñés destacou este martes que "se empezamos xa a pensar nos de abaixo, mal imos". "Van 14 xornadas, queda moita Liga e temos que puír erros e puntuar nós", insistiu..
Sobre Arribas, que non adestrou co grupo expresou que "non sabe o que vai pasar", pero que "se se marcha saberémolo entre hoxe, mañá ou pasado". Aproveitou para darlle "os parabéns se cre que é unha oportunidade para progresar" e "as grazas polo traballo que fixo aquí".
Escribe o teu comentario