​A autorización de Reganosa chega ao TC e á xustiza europea

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol anuncia que presentará dous recursos contra a planta de gas.


|

Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol anunciou que apelará ao Constitucional a non admisión a trámite do recurso presentado contra unha sentenza do TSXG en 2015 que desestimaba o contencioso presentado por este colectivo contra a modificación puntual do PXOM de Mugardos que afecta á planta de gas de Reganosa.


A través dun comunicado, o CCE sinala que a recente sentenza "elude entrar ao fondo do asunto" e "non analiza se a avaliación ambiental se realizou co debido rigor", polo que decidiron presentar un escrito ao Supremo no que piden a aclaración de varios puntos do fallo.


Así mesmo, anuncian que se presentará un novo recurso ante o Tribunal Constitucional "por indefensión e abuso da administración", así como outro ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea "sobre as graves carencias do proxecto" en materia da aplicación da normativa europea de prevención de riscos.


"A administración, lonxe de cumprir a sentenza firme do Supremo, fai todo o posible para eludir o seu cumprimento. A Xunta tramitou unha modificación ao plan en tempo récord coa única finalidade de dar cobertura legal e evitar a execución da sentenza do Supremo en 2012", apunta o colectivo en relación ao fallo do TS no que declaraba nula a modificación do PXOM de Mugardos "con sentenza firme e inapelable".


relacionada A entrada da xaponesa Sojitz en Reganosa queda pendente das autoridades regulatorias
relacionada EU sinala a entrada de Rey Varela ao consello de Reganosa como "porta xiratoria"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE