Denuncian "erros" á baixa no cálculo das pensións dos xubilados pontevedreses
A CIG explica que xa lle comunicou o problema á Seguridade Social, pero que "as deficiencias continúan".
A CIG denunciou a existencia de "erros" no cálculo da pensións na provincia de Pontevedra que "provocan unha redución dos ingresos" que reciben os afectados xa que as bases de cotización da Tesourería Xeral da Seguridade Social non coinciden coas bases reguladoras do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
Diso informou o sindicato nacionalista nun comunicado, no que explica que xa comunicou esta problemática na comisión executiva provincial do INSS e proximamente farao tamén a nivel estatal a través do organismos correspondente xa que "as deficiencias continúan".
Por tanto, a CIG espera que non sexa un novo mecanismo do Goberno español para "reducir de forma fraudulenta aínda máis as xa de seu depauperadas pensións públicas galegas" que, segundo indicou, "ano tras ano sitúanse entre as máis baixas do Estado e que continúan caendo a consecuencia tanto da reforma implementada polo Partido Popular en 2013 como da que tramita na actualidade".
Escribe o teu comentario