​Os colexios privados galegos reciben máis diñeiro público que a media española

O 60% dos seus ingresos recíbenos da administración pública e superan os 2.700 euros por alumno e ano.


|

Debereslibroscolegiolibreta


A administración pública achegou o 60,5% dos ingresos correntes na educación privada non universitaria de Galicia no curso 2014-2015, máis que a media, situada no 54,2%, de acordo cos datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).


En concreto, segundo a enquisa de financiamento e gastos do ensino privado, dos 401,5 millóns de euros que tiña como ingresos correntes a educación privada non universitaria galega ese curso, 242,93 correspondían a subvencións públicas, 148,58 ao que achegan os alumnos, 4,66 a outros ingresos privados e 5,33 a transferencias correntes privadas de particulares e empresas.


O 60,5% é a porcentaxe de subvencións públicas que recibiu a educación privada non universitaria na comunidade galega respecto ao total de ingresos correntes. Mentres, as cotas de alumnos supuxeron o 37% respecto ao total de ingresos correntes, e o restante 2,5% viñeron doutros ingresos correntes privados.


Fronte a eses ingresos correntes de 401,5 millóns, a educación privada non universitaria de Galicia tivo ese curso case 393,96 millóns de gastos correntes e un resultado de explotación de 7,54 millóns.


Mentres, as subvencións públicas por alumno concertado supuxeron 2.719 euros na comunidade galega durante o mesmo curso 2014-2015, por baixo da media (2.869 euros por alumno).


DATOS ESTATAIS


Nos últimos 10 anos realizáronse tres edicións da enquisa correspondentes aos cursos 2004-2005, 2009-2010 e 2014-2015. Con datos para o conxunto estatal, no ensino non universitario a porcentaxe de alumnos que cursa estudos en centros concertados mantívose estable: o 81,6% no curso 2014-2015, o 80,8% no 2009-2010 e o 84,0% no 2004-2005.


En centros concertados os gastos correntes por alumno foron ascendendo desde os 2.908 euros do curso 2004-2005 a 3.843 euros no 2014-2015. En canto aos ingresos por alumno pasaron de 3.055 euros no curso 2004-2005 aos 3.938 no 2014-2015.


relacionada A aposta da Xunta pola educación concertada tradúcese en 360.000 euros máis
relacionada A Xunta prolonga ata 2023 os concertos con colexios que segregan por sexo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE