Unha start up galega desenvolve unha cadeira de rodas controlada por ondas cerebrais
Aseguran que o uso de intelixencia artificial permite á máquina aprender as rutinas do usuario e adaptarse a el.
Unha start up galega desenvolveu unha cadeira de rodas controlada por ondas cerebrais a fin de "mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional".
Diso deu conta Handytronic a través dun comunicado, no que explicou que unha plataforma capta os impulsos eléctricos do cerebro e transfórmaos en ordes que, a través dun programa, actúan sobre unha cadeira de rodas motorizada.
Así mesmo, apuntou que o emprego da intelixencia artificial na interface cerebro-ordenador permite que o programa aprenda das rutinas mentais do usuario, adaptándose a el e reducindo así o tempo necesario para o manexo da cadeira.
Por último, apuntou que a combinación de intelixencia artificial e neurociencia proporcionan as bases para desenvolver solucións tanto "efectivas" como "sustentables" desde o punto de vista económico.
Escribe o teu comentario