O sector forestal e da madeira aposta pola "industrialización" do monte contra o abandono

Membros do sector e expertos sinalan a necesidade de cambios normativos e "un pacto de país" nesta materia.


|

Arboltalado


Diversos membros do sector madeireiro e forestal reuníronse en Ourense --nunha xornada do grupo de análise Colmeiro-- para abordar a situación do sector, onde se apuntou que a implantación de polígonos forestais servirá para "a industrialización" os montes galegos.


Para iso, avisan de que será imprescindible adaptar o marco normativo para dinamizar economicamente o sector, facéndoo atractivo aos investidores.


Así, o presidente do Clúster da Madeira, Manuel Igrexas, sostén que o futuro do sector pasa pola sustentabilidade económica, polo que defende que a mellor forma de evitar o abandono do monte é o seu explotación.


Pola súa banda, o director da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, Juan Picos, defende que calquera esforzo político e económico que se faga para mellorar a produción debe pasar por incentivar aos silvicultores, combater o abandono, mellorar a produtividade e diversificar a xestión de montes.


Así mesmo, o catedrático de Economía Aplicada da USC e coordinador de Colmeiro, Luís Caramés, considera que tras a última vaga de incendios é necesario "un pacto de país", mentres apunta que o sector forestal galego necesita mellorar a estrutura da propiedade, así como poñer en marcha incentivos ao uso da madeira.


relacionada O goberno galego fomenta a venda da madeira dos montes queimados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE