​Quito elixe a capital galega como referente en rehabilitación

Arquitectos de Ecuador visitan Santiago para coñecer os traballos que aquí se desenvolven no centro histórico.


|

EcuadorarquitectosnoriegaOs expertos reuníronse co alcalde. Foto: Concello de Santiago


Arquitectos e expertos da cidade ecuatoriana de Quito visitan estes días Santiago de Compostela para coñecer os traballos de rehabilitación e xestión do centro histórico da cidade, declarado Patrimonio da Humanidade.


Nun comunicado, o Consorcio compostelán explicou que a cidade de Quito traballa nun plan de xestión do seu centro histórico e, en colaboración coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, elixiu Santiago e Málaga como referencias "innovadoras e sustentables". Así, os proxectos de ambas as urbes serviranlles para o deseño e implantación dos seus respectivos plans.


Precisamente, segundo lembrou o Consorcio, con motivo desta iniciativa, un equipo de expertos da capital galega desprazouse a Quito o pasado mes de outubro para participar nun programa de asesoramento e explicar máis o modelo de Santiago.


En concreto, ao longo deste luns, os equipos de Quito e Málaga mantiveron unha serie de reunións tanto con técnicos municipais como con técnicos do Consorcio de Santiago. Ademais, durante a xornada, na que foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, realizaron diversas visitas guiadas por distintos inmobles da cidade.


Os grupos procedentes de Quito e Málaga participan tamén no encontro de Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas, que se celebra en Santiago este martes, día 28 de novembro, no Museo das Peregrinacións.


relacionada Noriega defende un equilibrio que permita a "convivencia" co turismo
relacionada Noriega di que a taxa turística "é un debate que chegou para quedar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE