Chega a Santiago a X Edición do ‘Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas’

|


Auditorio de Galicia  Santiago de Compostela

Auditorio de Galicia nunha imaxe de José Manuel García / wikimedia


O Auditorio de Galicia entrega este luns, día 27 de novembro, os galardóns da décima edición do ‘Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas’ que buscan promocionar aos artistas emerxentes da Comunidade e estimular o seu labor. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a edil de Acción Cultural, Branca Novoneyra, serán os encargados de outorgar os galardóns nun acto no que tamén se inaugurará a mostra dos traballos seleccionados.


O acto terá lugar ás 20:00 horas na sala Isaac Díaz Castro, onde un total de 37 obras foron escollidas das 87 propostas artísticas de diferentes disciplinas recibidas para formar parte da exposición que abre este luns e na que se poderán observar os traballos de Carla Andrade, Amine Asselma, Pablo Marreiro, Pilar Boullosa, Iria Cortizo, Lara Pintos ou Martín Rivas, entre outros.


As obras que se exhibirán son tamén as finalistas para a composición do palmarés de 2017, que outorgará un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 2.000 e un accésit, que será distinguido cunha intervención na 'Zona C'. O Concello de Santiago destacou que, de periodicidade bianual, este galardón diríxese a artistas de traxectoria non consolidada co obxectivo de ampliar a súa visibilidade e contribuír ao enriquecemento da creación contemporánea e ao patrimonio cultural galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress