A Cidade da Cultura de Santiago énchese de creatividade e enxeño

Este fin de semana celébrase na cidade compostelá a terceira edición do ‘Maker Faire Galicia’.


|

Cidadedacultura


A Cidade da Cultura de Galicia acolle este fin de semana a III Maker Faire Galicia, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas no que a educación ten un peso relevante entre os 50 proxectos dos 200 participantes nesta edición.


Ao longo da exposición, os asistentes poderán gozar dunha ampla gama de proxectos de gastronomía, robótica, mecánica, arte urbana, electrónica ou artesanía. Nesta edición, ademais, podemos atopar iniciativas vinculadas ao ámbito pedagóxico e científico como o robot educativo 'Robobo'.


Durante todo o fin de semana, o Museo Centro Gaiás converterase nun lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais. Este ano, o evento celebra a súa terceira edición consolidándose como a máis importante da península, tanto en número de inventores como de asistentes, e situándose entre as cinco con máis visitante de Europa, despois de grandes cidades como Roma e París.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE