O marisco da ría de Ferrol poderase vender sen necesidade de tratamento

A mellora da calidade das augas permite comezar a súa comercialización en fresco.


|

Almejamarisqueo


O presidente da Xunta trasladoulles este sábado ás confrarías da ría de Ferrol que a mellora na calidade das súas augas permitirá vender o marisco extraído en fresco, sen necesidade de tratamento. "Hoxe certificamos a limpeza e saneamento da ría de Ferrol. Hoxe dámoslle o alta ao paciente da ría de Ferrol, porque é xa un paciente rehabilitado", dixo o presidente galego.


Así o dixo o presidente galego tras manter un encontro cos patróns maiores das confrarías de pescadores e mariscadores de Ferrol, Barallobre (Fene) e Mugardos, a quen trasladou a decisión dos técnicos do Instituto Tecnóloxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) de decretar que a gran maioría das augas da ría nas que faenan os seus asociados pasaron a estar catalogadas como zona B, e que, por tanto, as especies extraídas poden pasar á canle de comercialización directamente, en fresco.


"Toda a xente de Galicia e de España ten que saber que o marisco desta ría é excelente, no seu conxunto é dos mellores que temos en Galicia e agora imos recuperar a fama das ameixas das Pías, do marisco de Mugardos e Barallobre", asegurou o mandatario popular.


MIL POSTOS DE TRABALLO


Feijóo destacou que na ría de Ferrol traballan "mil familias" que agora "teñen o seuposto de traballo asegurado", tras o que dixo que, probablemente nos próximas anos, "se incremente o número de permisos que facilitase que esta ría sexa unha das grandes empresas da comarca".


Alberto Núñez Feijóo tamén trasladou aos presentes, entre os que se atopaban a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, que "queda aínda unha zona por depurar, a da Malata" onde está dispoñible "o diñeiro para empezar a actuación".


"Pero necesitamos que o Concello de Ferrol nos ceda os terreos para empezar esta obra, executarémola e conectarémola ao sistema de saneamento, onde xa non quedarán zonas degradadas na ría", finalizou.


SATISFACCIÓN


Os tres patróns maiores das confrarías que operan na ría de Ferrol evidenciaron a súa satisfacción porque "a ría volve á normalidade do que foi antigamente", reclamando tamén que "os prezos empecen a subir un pouco, porque o tema da clasificación tamén prexudicou nos prezos".


relacionada O Parlamento galego reclama por unanimidade que se reduza o IVE aos produtos pesqueiros
relacionada O interior da ría de Pontevedra abre ao marisqueo case 20 anos despois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE