A capital necesita que os turistas pasen máis días de visita

Os expertos cren que para mellorar o atractivo "é necesario aumentar a relación calidade-prezo dos servizos".


|

Peregrinossantiago


Os profesores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xosé Antón Rodríguez, Fidel Martínez-Roget e Pilar González-Murías analizaron os datos turísticos de Santiago nun traballo publicado na revista Annals of Turism Research sobre a duración das estancias dos visitantes que chegan a Santiago, no que, ademais, fan unha serie de recomendacións para unha planificación turística efectiva a medio e longo prazo.


Segundo recolle o traballo, aproximadamente o 33% dos visitantes que chegan a Santiago son excursionistas, persoas que permanecen unha media de entre 6 e 7 horas na cidade sen facer noite. O 66% por cento restante, os turistas, rexistran unha estancia media de ao redor de 2,5 noites.


Dentro desta dualidade entre excursionistas e turistas, a investigación identifica tres perfiles específicos de visitantes de Compostela: visitantes dun día, turistas de curta estancia e os de estancias relativamente máis longas.


Os resultados "suxiren que no primeiro caso son persoas novas ou xubiladas que viaxan por lecer maioritariamente, en grupos organizados por terceiros e cuxo destino principal non é a cidade". O turista de curta estancia visita Santiago "principalmente con fins relixiosos ou de peregrinación, organizou a viaxe de maneira independente, non está xubilado e ten un nivel de educación medio-alto".


Finalmente, o terceiro colectivo identificado "viaxa a Santiago principalmente por motivos de negocios ou congresos e ten a cidade como principal destino da viaxe, elixe o transporte público, é probable que proceda do exterior da Península Ibérica e a súa decisión, a miúdo, está influenciada polo atractivo e a promoción do destino", explican os investigadores.


MAIOR DURACIÓN


Á vista destes perfís e coa finalidade de aproveitar "todo o potencial de Santiago de Compostela como destino turístico", o equipo responsable do traballo apunta que "a industria e os responsables políticos deben ter en conta que o obxectivo estratéxico da cidade debe ser dobre: alentar aos excursionistas para quedar polo menos unha noite e aumentar a estancia media dos turistas".


Entre outras propostas, os autores do traballo suxiren que "para continuar mellorando o atractivo xeral da cidade é necesario aumentar a relación calidade-prezo dos servizos dispoñibles". Para logralo, os investigadores consideran necesario proporcionar aos traballadores do sector capacitación en idiomas, xestión ambiental, innovación ou novas técnicas de venda, entre outros.


relacionada A USC accede a ser estrita coas visitas turísticas á biblioteca de Historia
relacionada A opinión dos veciños, un piar do futuro turístico da capital
relacionada Turismo rexeita debater a taxa que reclama o goberno da capital

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE