A OPE sanitaria galega, á cola de España

Galicia ocupa a peor posición no referente á relación habitantes/praza


|


Oposiciones 3



A Asociación de Médicos Interinos de Galicia (ASMIG) afirmou que, en base aos últimos datos coñecidos das próximas OPES, Galicia ocupa a peor posición no referente á relación habitantes/praza.


As sete comunidades autónomas que anunciaron durante os últimos días as súas convocatorias de OPE cobren unha poboación total de preto de 15 millóns de habitantes, e xerarán entre todas 24.258 prazas sanitarias durante os próximos meses. Iso quere dicir que a media de Murcia, Estremadura, Aragón, Castela e León, Valencia, Castela A Mancha e Galicia é dunha praza sanitaria por cada 618 habitantes. No caso galego, con 2.719.000 habitantes, sería unha praza por cada 1682 persoas: a peor estatística das sete comunidades.


OPE 1


De acordo aos datos ofrecidos pola ASMIG, Galicia atópase moi por baixo en porcentaxes cifras absolutas doutras comunidades de menores ingresos e nivel de vida. A isto debemos engadir a dispersión e o envellecemento poboacional, as previsións de xubilacións e o elevado índice de precariedade laboral no sector sanitario; en conclusión, o Sergas debería convocar un total de 4.400 prazas en lugar das 1616 anunciadas para alcanzar a media nacional.


As cifras esclarecen a preocupante situación na que se atopa a calidade sanitaria galega, claro reflexo da nefasta consolidación de emprego na sanidade pública. Estamos ante o resultado dunha irresistible política de recortes que tan só destrúe un dos servizos máis importantes da sociedade galega, que potencia problemas de gran alcance como as listas de espera e que favorece á progresiva privatización do sector. A sanidade pública, ao alcance de todos, é cada vez máis inaccesible.

relacionada Almuiña non ve razóns para “favorecer un comercio legal de cannabis”
relacionada En Marea esixe melloras sanitarias do Sergas nas Pontes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE