Deteñen a un mozo por tirar un cóctel molotov contra a residencia oficial de Feijóo

Impútanlle tamén os danos causados en tres caixeiros automáticos na capital galega.


|

MontepioEntrada da residencia de Monte Pío.


A Policía Nacional detivo un mozo de 22 anos como presunto autor do lanzamento dun artefacto incendiario contra a residencia oficial do presidente da Xunta en Santiago de Compostela.


Segundo informa a Policía Nacional, o pasado 21 de novembro foi detido un home en Santiago de Compostela como presunto autor do lanzamento do artefacto incendiario de fabricación caseira ao recinto da residencia oficial do presidente da Xunta en Monte Pío na noite do 17 ao 18 de outubro.


A investigación policial por estes feitos, que finalizou coa identificación e detención deste mozo de 22 anos, concluíu con que este mozo "era o presunto autor dos danos causados en tres caixeiros automáticos" que foron incendiados ao redor da mesma data en Santiago de Compostela.


DESALOXO


Nun destes incendios, lembra a Policía, foi necesario, ademais da intervención dos bombeiros, "o desaloxo dalgunhas das vivendas do inmoble por mor da queima do caixeiro automático".


O detido, que carece de antecedentes, foi posto a disposición xudicial o mércores.


relacionada Atacan cun cóctel molotov a residencia oficial de Feijóo
relacionada Seguen buscando o home que queimou a semana pasada varios caixeiros da capital

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE