Bescansa presenta a Podemos as súas propias propostas para resolver a crise catalá


A deputada compostelá idea un plan con tres puntos no que propón unha reforma da Constitución.


|


Carolinabescansapodemos


A deputada Carolina Bescansa, do grupo Unidos Podemos, presentou o pasado mércores ao seu partido tres propostas de cambio constitucional “para facer fronte á crise territorial española". Para a deputada galega, o conflito catalán supón “a primeira crise de Estado do século XXI" e considéraa unha crise de "enorme gravidade política e social".


Bescansa, unha das figuras fortes de Podemos, mostrouse critica coa postura do partido á hora de abordar o conflito en Cataluña. No documento detalla os puntos que “aspiran a resolver unha parte importante dos problemas da estrutura territorial de España" animando á súa vez a difusión do programa dentro do partido.


Nos seus reformas, a deputada propón que o Senado pase a ser unha cámara de representación territorial, con competencia exclusiva na distribución anual dos recursos consagrados ao financiamento autonómico. Á súa vez, pide a “delimitación e estrechamiento das competencias do poder executivo", ao que culpa das desigualdades no desenvolvemento do autogoberno. Por último, a política compostelá solicita a redacción e aprobación mediante referendo dunha nova constitución que respecte “a vontade dos pobos, rexións, comunidades, países e nacións que conforman España".


Este movemento por parte da que fose Secretaria de Análise Política e Social de Podemos pode supoñer unha nova fractura dentro da formación morada, xa que a súa postura criticando os métodos do partido para abordar o tema do independentismo catalán desafía á establecida desde a dirección. "Gustaríame un Podemos que lle falase máis aos españois e non só aos independentistas", admitiu a deputada. 

relacionada Bescansa : "A crise territorial vai moito máis alá da crise política catalá"
relacionada Iglesias mete a Galicia no conflito identitario, "enormemente complexo para a esquerda"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE