O primeiro temporal do outono deixa un regueiro de incidencias en terra, mar e aire
Dous voos procedentes de Madrid tiveron que volver a Barajas ao non poder aterrar en Santiago nin na Coruña.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112-Galicia rexistrou ata as seis da tarde un total de 77 incidencias relacionadas coa alerta por vento.
Segundo informou o 112, a caída de árbores ou pólas ás estradas foi o incidente máis frecuente, aínda que tamén se rexistraron avisos pola presenza doutros obxectos nas vías, por postes danados ou pola caída de carteis ou sinais de tráfico á calzada.
A provincia máis afectada é a de A Coruña, onde se contabilizaron 26 incidentes. A continuación, séguelle a de Pontevedra, con 25. Na provincia de Lugo producíronse 20 incidencias e na de Ourense, 6.
Por concellos, destaca o de Vigo, onde se produciron 8 incidentes. De feito, na cidade olívica produciuse a única vítima polo momento deste episodio, unha persoa á que lle caeron encima os cristais dunhas xanelas rotas.
DE VOLTA A MADRID
Dous voos procedentes de Madrid que tiñan previsto os seus aterraxes nos aeroportos da Coruña e Santiago regresaron a Barajas ao non poder aterrar debido ás condicións meteorolóxicas.
Concretamente, tenderon que regresar ao aeroporto Adolfo Suárez-Barajas os voos de Iberia da tarde do mércores. No caso da Coruña, ademais, quedou cancelado o voo que iría de regreso á capital española, segundo informaron a Europa Press fontes de Aena.
Estas son algunhas das consecuencias do temporal que entrou na tarde deste mércores en Galicia e que xa obrigou a suspender o transporte regular na ría de Vigo entre Cangas e Moaña polas condicións do mar.
No que vai de día, contabilizáronse máis de 250 raios na Comunidade galega. Ademais, Cedeira rexistrou un refacho de vento de 127 quilómetros por hora.
A choiva regresa a Galicia acompañada de alertas por vento en terra e por ondas
Escribe o teu comentario