​A choiva regresa a Galicia acompañada de alertas por vento en terra e por ondas

En toda a costa están activados distintos avisos por temporal, así como na montaña de Ourense.


|

Paraguasviento 1


A Dirección Xeral de Emerxencias informa dun temporal de nivel laranxa por vento en terra que afectará a partir deste mércores ás provincias da Coruña e Lugo.


Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso empeza polo oeste e suroeste da provincia da Coruña e na Mariña de Lugo, con refachos de vento de ata 100 quilómetros por hora


O 112 Galicia informou da situación aos concellos das zonas afectadas; así como ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. E lembra á poboación a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e xanelas e evitar pasar preto de edificios en ruínas, en construción, árbores, paneis publicitarios e outras situacións de risco.


VENTO E ONDAS


O aviso amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por horas manterase este xoves na montaña de Ourense, así como por ondas no litoral coruñés e pontevedrés.


Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, a borrasca situada sobre Escocia deixará fortes ventos de compoñente sur en zonas de montaña. Así, entre as 12,00 e 18,00 horas deste xoves o aviso será amarelo por refachos de vento superiores aos 80 quilómetros por hora na montaña de Ourense.


Ademais, o aviso amarelo seguirá ata primeira hora da mañá deste xoves por mar combinado do oeste con ondas de catro a cinco metros no litoral da Coruña e Pontevedra.


CHOIVA


Este mércores espéranse precipitacións localmente fortes ou persistentes no oeste de Galicia, principalmente a partir do mediodía, nunha xornada na que as temperaturas serán superiores ao normal na vertente atlántica e cantábrica, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).


Así, espérase que este mércores, o temporal sexa "especialmente" intenso no litoral da Coruña, onde se esperan ondas de cinco a seis metros de altura polo que Protección Civil aconsella afastarse da praia, espigóns e doutros lugares baixos que poidan verse afectados polas mareas e a ondada.


relacionada As cinzas dos incendios comezan a tinguir de negro a auga dos ríos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE