As cinzas dos incendios comezan a tinguir de negro a auga dos ríos

Os axentes forestais comproban que a chuvia está a arrastrar as cinzas, aínda que a Xunta o negou este mesmo venres.


|

RiocenizaImaxe do río Uma, afluente do Tea. Foto: Aprafoga


A pesar de que desde a consellería de Medio Ambiente se negou este venres, os axentes forestais e ambientais comezaron a constatar o arrastre das cinzas dos incendios cara ás canles fluviais.


Tal e como demostran con imaxes publicadas na conta de Twitter da asociación profesional Aprafoga, os temores a que esta preocupación chegase a ser real confirmáronse.



Unha realidade que contrasta coas palabras deste mesmo venres da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. Preguntada nunha rolda de prensa sobre a seca por se as útlimas chuvias supuxeron contaminación da auga polas cinzas producidas nos incendios de mediados de outubro, Mato sostivo que se está facendo "un seguimento intenso desde o primeiro día" e "non hai por agora ningún perigo de escorregamento".


Ademais, apuntou que "a día de hoxe, as chuvias e a situación climatolóxica contribúen de forma favorable ao traballo que se ten que desenvolver para a recuperación dos terreos queimados" nos montes.


MULCHING EN PONTE CALDELAS


O municipio pontevedrés de Ponte Caldelas volveu convocar para este sábado os voluntarios que se anotaron para expandir palla polas zonas máis sensibles do monte queimado nos incendios do pasado día 15 de outubro.


Na denominada 'Operación mulching', iniciada a semana pasada, quedan por repartir sete toneladas de palla das 30 adquiridas polo Concello, tal e como explicou o Consistorio nun comunicado.


O Consistorio asegura que "non é posible esperar moito máis se se quere mitigar a erosión por arrastre das cinzas". Por iso, só no caso de que a chuvia sexa demasiado forte se suspendería a xornada.


relacionada As estimacións da vaga de incendios quedaron curtas, arrasou case 50.000 hectáreas
relacionada Apagar incendios e recuperar os danos custa cada ano centos de millóns a Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE