​"As actividades sobre igualdade teñen que interpelar aos homes"

A concelleira de Igualdade de Santiago, Marta Lois, presentou o obradoiro ' Autocoñecemento para o cambio'.


|

PresentacionigualdadestgJosé Expósito e Marta Lois. Foto: Concello de Santiago


A capital galega acollerá o obradoiro ' Autocoñecemento para o cambio', unha actividade destinada para o público masculino co obxectivo de abordar a perspectiva dos participantes sobre os roles de xénero.


Esta actividade foi presentada este martes por parte da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e José Expósito, do colectivo Micromachinhos, e celebrarase os días 24, 25 e 26 de novembro e o 15, 16 e 17 de decembro no Centro Social do Matadoiro.


"Desde o Concello e desde o Departamento de Igualdade consideramos que as actividades a favor da igualdade teñen que interpelar aos homes", para "construír novas masculinidades para un novo tipo de relacións", indicou Marta Lois respecto a un taller que, á vista do éxito de anos anteriores, nesta edición ten o dobre de sesións.


O representante do Grupo de Homes pola Igualdade Micromachinhos, José Expósito, apuntou que, desde hai ano e medio, este grupo está a realizar actividades dirixidas aos homes. Máis en concreto, este taller é o último dun ciclo de accións que "foron moi ben acollidas polos homes". En concreto, lembrou que este taller tiña inicialmente 15 prazas, ampliando ata as 19 e con lista de espera. "Non tardamos en encher as prazas nin tres días desde que sacamos a primeira publicidade", declarou sorprendido.


As accións ao amparo desta iniciativa serán guiadas pola experta en estudos de xénero Tareixa Ledo, abordando temas como as relacións entre homes e mulleres desde unha óptica de xénero, ou a orixe da violencia de xénero e a simboloxía que a representa.


relacionada Lara Méndez: "As mulleres non morremos, mátannos"
relacionada Noriega celebra o alcance da campaña contra a violencia machista
relacionada O material da campaña 'Contra as violencias', dispoñible o xoves

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE