Noriega celebra o alcance da campaña contra a violencia machista

O acalde compostelán afirma que están "moi orgullosos" da súa iniciativa para "tentar cambiar o modelo estrutural que está a xerar esa lacra".


|

Compostelanegro


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, celebrou que a iniciativa posta en marcha polo Consistorio compostelán contra a violencia de xénero, 'En negro contra as violencias machistas', fose "moito máis alá do termo municipal" e se convertese nunha "campaña de país".


En concreto, esta acción, que naceu en Santiago de Compostela en 2015, xa conta con máis de 70 municipios adheridos, tres deputacións e máis de 3.000 establecementos de todo tipo adheridos a esta acción que busca concienciar contra a violencia machista. Ademais, unha delegación das institucións que participan nela preséntana este martes en Santiago de Compostela xunto á edil de Igualdade compostelá, Marta Lois.


"Estamos moi orgullosos porque entendemos que é unha campaña que denuncia o que está a ocorrer pero que tamén, dalgún modo, opera en rede para tentar cambiar o modelo estrutural que está a xerar esa lacra", manifestou.


Tras iso, incidiu na necesidade de colocar o debate sobre a loita contra a violencia de xénero no "ámbito europeo" para avanzar nunha solución a este problema estrutural.


DELEGACIÓN EN BRUXELAS


Unha delegación galega de case medio cento de representantes de entidades locais e provinciais estará este martes en Bruxelas para reunirse con membros da Comisión de Dereitos da Muller do Parlamento Europeo para presentar a campaña 'En negro contra as violencias machistas'.


Tras o encontro, celébrase unha acción de visibilización da campaña na esplanada ante o Eurocámara. Así, búscase que Galicia simbolice na institución comunitaria a repulsa contra as violencias machistas na antesala do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.


relacionada A campaña 'Compostela en Negro' multiplica as adhesións este ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE