Galicia proponse reducir nun 50% as mortes na estrada para o ano 2020

A pesar de que se reduciu o número de falecidos, desde a DXT destacan a importancia das medidas de prevención. 


|


Fotonoticidda 20171120155740 1920


Este ano descendeu o número de persoas que perderon a vida menos nas estradas galegas. Concretamente 23 persoas menos que en 2016. Así o corroboraron os datos da Delegación do Goberno de Galicia, que tamén destacou o papel das administracións en relación á seguridade e ao impulso de medidas e campañas de prevención.


Representantes de delegación estatal e da Dirección Xeral de Tráfico participaron este luns en un acto en recordo ás vítimas de accidentes de circulación, que se repetiu noutros puntos da xeografía galega.


A concentración serviu á súa vez para manifestar que o principal obxectivo é reducir ata un 50% as vítimas mortais en accidentes de circulación viaria no ano 2020. O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, considerou que os datos na estradas galegas "han mellorado" con respecto ao ano pasado, aínda que chamou a atención sobre "as consecuencias e o custo dos sinistros de tráfico" e insistiu en potenciar as "medidas de prevención", apelando á "responsabilidade" das administracións en canto á seguridade na estradas.


relacionada O BNG solicita 'plenas competencias' para loitar contra a sinistralidade das estradas
relacionada Tráfico para cada día 15 condutores bebidos ou drogados na provincia da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE